BALONCESTO FEMENINO ENSINO LUGO

Xunta e o Ensino reforzan a súa colaboración cun convenio de patrocinio

A Xunta de Galicia reforou a súa colaboración co Durán Maquinaria Ensino coa sinatura dun convenio de patrocinio que ten por obxecto apoiar os encontros deportivos nos que participe o equipo, que compite na Liga Feminina Endesa, máxima categoría do baloncesto femenino español. 

Así o explicou o delegado territorial o Goberno galego, Javier Arias, quen subliñou que a Xunta ten en marcha varias liñas de acción en prol do deporte galego feminino e do fomento da igualdade neste eido, como campañas específicas en recintos deportivos, apoio aos clubs, patrocinios e iniciativas de divulgación con deportistas referentes.

Publicidad
SÍGUENOS EN